lunes, 18 de mayo de 2015


GIMP
Fondo de escritorio


Para crear un fondo de escritorio en Gimp seguimos los siguientes pasos: 
  • Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels. 
  • Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido. Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo 
  • A continuación aplicaremos Filtros->Artístico->Viñeta, con un radio de máscara de 5 e unha porcentaxe de negro de 1,000 
  • Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 100. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla. 
  • Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro. 
  • Como último filtro aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de remolino de entre 105 e 120, a Cantidade de pellizcos en 0,01 e o radio en 1. 
  • O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final. 
  • Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar->Voltear horizontal. 
  • Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”. 
  • Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción “aplanar imaxe”. 
  • Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear. 
  • Para rematar a nosa imaxe tamén podemos cambiar os Niveis, a Luminosidade ou a Saturación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario!!!